Presentación

Este evento  singular e de referencia, que establece un diálogo fecundo entre a cidade, as artes, os seus produtores e a cidadanía, a través das súas Xornadas de portas abertas numerosos talleres de creadores e lugares de difusión das artes, ten unha nova cita co publico de Santiago de Compostela, turistas e demais  visitantes, para celebrar a súa 3ª edición2009.

Para os que aínda non o coñecen, a  filosofía do proxecto, Roteiro de Creación promove este evento artístico máis aló da participación de axentes tradicionais de validación e adquisición de prestixio no sistema artístico, favorecendo o diálogo con produtores de diferentes técnicas, xeracións e estéticas, consagrados e emerxentes, xa que esta pluralidade é un dos seus atractivos.

Roteiro de Creación conta cun equipo de traballo que concibe, planifica e coordina tódalas actividades como o estímulo necesario para a participación na creación e produción cultural, xa que conformar novos públicos e novos creadores revitaliza o feito artístico.

Nesta 3ª edición, como novidade, ampliase a participación do público con dúas propostas ben diferenciadas: a posibilidade de inscribirse para participar en numerosos e interesantes Cursos e obradoiros para nen@s e adultos, o que aporta unha nova dimensión pedagóxica o proxecto, e ademais, a de asistir o Roteiro en Estado Crítico, unas xornadas nas que artistas, deseñadores e outras persoas implicadas na producción e difusión da cultura,  reuniranse para reflexionar e debatir sobre as posibilidades do traballo creativo na sociedade actual en tempos de crise. Para isto contarase con representantes do ámbito creativo, de investigación e crítica, da educación, e de xestión cultural.
Unha vez máis e logo do éxito obtido na pasada edición,  reeditarase a Operación Frechazo, convite para que o publico poida valorar con corazóns nunhas 'amorosas postais, a obra dos artistas visitados e cuxo premio consiste na xestión dunha exposición individual ó artista que máis corazonadas reciba e unha colectiva aos restantes catro finalistas para o 2010.

Consulta a nosa ampla programación e non deixes pasar a a oportunidade de 'peregrinar’ por unha Compostela creativa.

¿Quén somos?

LCA

Laboratorio de Colaboración Artística é unha asociación que ademais de xestionar o Roteiro de Creación, nace como plataforma para realizar, promover e apoiar a actividade artística durante todo o ano.

Pretende impulsar o diálogo, a cooperación, a formación e o intercambio entre ‘artistas/produtores’ residentes en Galicia, e creadores ou espazos de creación contemporánea, a nivel nacional coma internacional. Proxecta achegar a creación á sociedade, sensibilizar á comunidade en accións autoxestionantes,  tanto produtivas como de difusión e fomentar a industria cultural local.

¿Qué é o ROTEIRO DE CREACIÓN?

  • Cita anual que durante 2 fins de semana no mes de xuño, permite ós cidadáns transitar polos espazos de produción de máis de 40 talleres de creadores e lugares de difusión das artes, en Santiago de Compostela.
  • Itinerario que pode organizarse a través dun mapa gratuíto, que ademais de estar dispoñible nos puntos de información, talleres  e galerías de arte participantes, é distribuído por toda a cidade e pódese descargar  na web, o que permite ao curioso `autoguiarse´ para localizar talleres, galerías e distintos espazos con facilidade.

  • A mellor ocasión para mergullarse no mundo íntimo e cotián do artista: coñecer o proceso creativo, o seu entorno, ou as fontes de inspiración de pintor@s, gravador@s, escultur@s, fotógraf@s, serígraf@s, videocreador@s ou  xoiei@rs, entre outr@s.
  • Oportunidade para que o veciño poida redescubrir a cidade, e para o turista, unha opción sorprendente de `peregrinar’ por unha Compostela creativa.
  • Unha nova cartografía de Santiago, máis alá das zonas habituais de consumo artístico, que favorece circuítos diversos e habilita percorridos por outros barrios, diluíndo as fronteiras entre centro e periferia.
  • Ampla programación de actividades complementarias ás xornadas de talleres abertos que inclúe: accións en distintos espazos da cidade, performances, instalacións, cursos monográficos e obradoiros para nenos e adultos, xornadas críticas de debate e reflexión, reunións continuas sobre producción e difusión cultural, exposicións individuais e colectivas e actividades nocturnas de ocio creativo.
  • Aposta que medra en calidade de propostas, axentes participantes e resonancias. A inédita cifra de 2.248 persoas na súa 2ª edición 2008, avala esta proposta que tense consolidado a forza de creatividade, entusiasmo, profesionalidade e inesgotables enerxías.
  • Unha oferta cultural aberta e plural. O Roteiro involucra a unha multitude de participantes: creadores locais, colectivos universitarios, entidades,  artistas doutros lares: Italia, Portugal, Reino Unido ou Corea, Australia, Xapón, Lationamérica e toda Europa no caso do MailArt, e finalmente o espectador, que o xustifica e enriquece.
  • Unha  Web www.roteirocreacion.com eloxiada pola súa navegabilidade e a vantaxosa utilidade de descarga do mapa-guía, con información sobre os artistas, procesos de creación e montaxe, espazos expositivos participantes, actividades ofertadas e repercusións do ocorrido durante o transcurso do evento nas edicions 2007-2008, tanto por parte da cidadanía como dos medios de comunicación. Os creadores participantes utilízana como plataforma de presentación do seu traballo, como galería aberta de maneira permanente, onde o navegante pode seguir a evolución do seu traballo, edición tras edición
  • Un enlace. Roteiro de Creación  a través de LCA Laboratorio de Colaboración Artística,  está conectada con asociacións que promoven experiencias similares, algunhas con 20 anos de actuacións, como os “Ateliers d’Artistes de Belleville” (AAB) e de “Anvers aux Abbesses”, en París, ou o “Parcours d’artistes de St Gilles”, en Bruxelas, cos que se están a deseñar futuras colaboracións.   O mellor está no porvir…