A exposición que vos presentamos é o resultado da III CONVOCATORIA “Un libro-unha viaxe” na que Roteiro de Creación 2009 instou a toda a rede de artistas postais. A resposta foi de 114 obras de 26 paises.
A convocatoria iniciouse con unha chamada en internet a primeiros de marzo 2009. Non pretende ser unha mostra elitista, todo o contrario, no espíritu da arte postal non existe un ánimo de comercialización (prima o intercambio sen compromisos), os cadros saltan dos marcos e ensínanse libres de ataduras. Na obra intervimos todos, seu creador, os funcionarios postais, nós a hora de montala e tamén o espectador que dálle unha perspectiva visual diferente. Os enderezos facilitados poden servir para intercambio de obras entre artistas. Esta exposición servirá tamén de marco do taller a realizar o 10 e 11 de xuño, de 18,30 a 20,30 horas (V ER CONVOCATORIA TALLER datos PDF).
CONVOCATORIA:
“mail art / arte postal
LIBRO = VIAXE
Un libro de viaxe
Unha viaxe nun libro
...
A lectura é unha viaxe con tódolos sentidos. Un libro e un xeito de moverse.
A convocatoria pide nosa expresión artística destes conceptos e o siñificado que prefiramos darlle.
Facer uso preferentemente dos servizos postais para facernos chegar vosa obra.
Técnica e formato libre.
Data límite recepción: 15-xuño-2009.
Enviar a:
MANOEL BONABAL
San Domingos de Bonaval nº 5-A
ES-15703-Santiago de Compostela (Galiza-España)
Dúbidas: mabace@wanadoo.es
Expoñeremos calqueira obra recibida mentras dure a exposición (o prazo o é ós efectos de catálogo etc.)
Paralelamente faremos un taller de mail art .
As obras expoñeranse na Biblioteca Pública Anxel Casal de Santiago “
Convoca: Roteiro de Creación 3ª Edición 2009
Proposta e xestión: Asociación LCA - LABORATORIO DE COLABORACION ARTÍSTICA.
Coordina-asesora convocatoria: Manoel Bonabal
Exposición: Biblioteca Pública de Santiago, Ánxel Casal,
maio-xuño 2009
Data límite envío obras: 10 xuño 2009. |