Operación Flechazo

EXPOSICIONS NO COLEXIO DE ARQUITECTOS (COAG) DE SANTIAGO

Estas Exposicións son o resultado de una xestión conxunta do Roteiro de Creación co COAG que acolle na súa sede da praza da Quintana, aos gañadores da Operación Frechazo da 2ª edición 2008, posibilitando o espazo de montaxe e algúns recursos como folletos e máis a difusión entre a rede ampliada dos seus asociados.

Anxel Casal
   • “Anacos” Exposición individual do gañador da Operación Frechazo 2008 MANOEL BONABAL. COAG Colexio de arquitectos de Galicia. Praza da Quintana. Inauguración 4 de xuño as 20h. Aberto de Luns a Venres de 10-14 h. e 19-21 h. Sábados: 10-14 h. e 18-21 h. Domingos: 11-14 h.

Nesta exposición é doado apreciar a grande importancia da figura humana e da luz, que destaca a través do uso dun gran cromatismo e de trazos vivos e sinuosos, que crean volumes nos seres humanos destacados sobre fondos na súa maioría chamativos e con personalidade, respecto ao tema de cada obra. É polo tanto, unha linguaxe directa, figurativa, empleada para plasmar a realidade, inclusive a súa imaxinación e dimensión pasional, e nos adentra nunha ironía que nalgún caso raia o grotesco, pero cun subterfuxio crítico cara os acontecementos e temas que preocupan ao noso creador ou que tócanos vivir. Dentro de este fluír do pasional, tamén hai lugar para o sensual e o sexual, sendo conceptos explícitos en obras como “Bañista”, pero tamén para a violencia e a dor (“Violencia”, “Crise”) que plasmase con torsos espidos, desamparados ante a temática representada e sen máis defensa que a tonalidade das súas carnes e a sinuosidade dos seus trazos, ou nos retratos da exposición, todos con algo que dicir e involucrando fortemente ao espectador. Sen embargo, no evento expositivo que ocúpanos, apreciase a tenacidade dun traballo constante que ten desenvolvido ao longo dos anos e que ha orixinado unhas “presenzas” (“pingas”) que dotan duhna coherencia exemplar a un amante da pintura, que ten logrado estirar unha tradición para buscar o seu propio camiño e o seu mundo. Posúe ademais, unha narrativa sinxela e aplastante, á vez que profundamente humana, plasmada por un debuxo firme e contundente.
Julia Jiménez

Biografía: Manoel Bonabal naceu en Santiago de Compostela en Noviembre de 1.961. Nesta cidade formase na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo e completa a súa formación no taller do escultor Manuel Barreiro Moratalla, o seu padre. Leva máis de 15 años dedicado á pintura e tamén ao gravado, así como ao Mail-Art (arte postal). Sen embargo, ha seguido completando a súa formación con posteriores cursos, enfocados sobre todo ao gravado.

   • “Sen título” Exposición colectiva dos finalistas da Operación Frechazo 2008. MARÍA MEIJIDE, NEVES SEARA, JO REDPATH E OLMO BLANCO. COAG Praza da Quintana.

Inauguración 9 de xullo as 20 h.
Aberto de Luns a Venres de 10-14
h. e 19-21 h. Sábados: 10-14 h. e
18-21 h. Domingos: 11-14 h.

OLMO BLANCO

Olmo

OPERACIÓN FRECHAZO

ANTECEDENTES DA OPERACIÓN FRECHAZO

Esta iniciativa que permitiu ao público expresar as súas impresións a través dun ‘amoroso encontro’ coa obra exposta de máis de 40 artistas participantes, ten resultado un estimulante exercicio participativo. Fíxose una primeira experiencia que se repetirá nesta 3ª edición 2009.

Por primeira vez no 2008, o público tivo a posibilidade de pronunciarse e expresar as súas preferencias, distinguindo a artistas que exporán na cidade de Santiago de Compostela.

Instruméntase deseñando unha peza gráfica a modo de postal, ademais da redacción dun regulamento que regula a participación, dispoñible na Web. Determinase que o premio ao artista que máis corazonadas reciba, será una exposición individual e unha colectiva para os restantes catro finalistas.

O público pode asignar de 1 ata 5 corazóns, a todos os artistas visitados, durante as xornadas de talleres abertos, coa condición de elexir mediante a votación a un mínimo de cinco creadores.
Antecedentes
As postais poden atoparse nos propios talleres de artistas e no ESPAZO DE INTERVENCIÓN CAMPO SANTA ISABEL. Unha vez cumprimentadas, deposítanse nas urnas previstas nos puntos de información:

COAG
Praza da Quintana, 1

Espazo de Intervención de Santa Isabel
Campo de Santa Isabel s/n

Sede Asociación LCA
Do Paraná, Espazo Serigráfico
Rúa Ulla 25 baixo

Na pasada edición recibíronse máis de 270 postais. Finalizado o Roteiro de Creación, a organización anunciou os resultados persoalmente aos galardoados e a través dos medios de comunicación, ademais de incluílos na web, onde tamén pode consultarse a traxectoria de cada un dos finalistas.

O artista premiado foi o compostelán Manoel Bonabal, pintor, gravador e impulsor da arte postal. Os outros catro finalistas distinguidos cunha exposición colectiva, son os artistas: María Meijide, Neves Seara, Jo Redpath e Olmo Blanco.
 

A organización do Roteiro de Creación comprácese en anunciar os resultados da primeira Operación Flechazo.

· Descargar nota de prensa

Esta iniciativa que permitiu ó público expresar as súas impresións a través dun 'amoroso encontro' coa obra de máis de 40 artistas participantes nas xornadas de talleres abertos e Espazo de Intervención Campo de Santa Isabel, resultou un estimulante exercicio participativo. Por primeira vez o público ten a posibilidade de pronunciarse acerca das súas preferencias, distinguindo ós artistas que exporán na cidade
de Santiago de Compostela. Recibíronse máis de 270 postais (dispoñibles en obradoiros e puntos de información do Roteiro) nas que o público asignou de 1 a 5 corazóns, á obra de cada creador visitado.


O artista premiado con máis corazonadas é o compostelán Manoel Bonabal, pintor, gravador e impulsor de arte postal, quen accederá a realizar unha exposición individual na sala de exposicións do Colexio de Arquitectos de Santiago, na Praza da Quintana, durante o transcurso da 3ª edición do Roteiro de Creación 2009.


Os restantes catro finalistas son os artistas: María Meijide, Neves Seara, Jo Redpath e Olmo Blanco, e foron distinguidos cunha exposición colectiva, a realizarse na mesma sala, no mes de maio de 2009.

Currículums:
1. Manoel Bonabal
2. María Meijide
3. Neves Seara
b 4. Jo Redpath
5. Olmo Blanco


 

La organización del Roteiro de Creación se complace en anunciar los resultados de la primera Operación Flechazo.

· Descargar nota de prensa

Esta iniciativa que permitió al público expresar sus impresiones a través de un 'amoroso encuentro' con la obra de más de 40 artistas participantes en las jornadas de talleres abiertos y Espacio de Intervención Campo de Santa Isabel, ha resultado un estimulante ejercicio participativo. Por primera vez el público tiene la posibilidad de pronunciarse acerca de sus preferencias, distinguiendo a los artistas que expondrán en la ciudad de
Santiago de Compostela. Se han recibido más de 270 postales (disponibles en talleres y puntos de información del Roteiro) en las que el público asignó de 1 a 5 corazones, a la obra de cada creador visitado.


El artista premiado con más corazonadas es el compostelano
Manoel Bonabal, pintor, grabador e impulsor de arte postal, quien accederá a realizar una exposición individual en la sala de exposiciones del Colegio de Arquitectos de Santiago, en la Plaza de la Quintana, durante el transcurso de la 3ª edición del Roteiro de Creación 2009.


Los restantes cuatro finalistas son los artistas: María Meijide, Neves Seara, Jo Redpath y Olmo Blanco, y han sido distinguidos con una exposición colectiva, a realizarse en la misma sala, en el mes de mayo de 2009.

Currículums:
1. Manoel Bonabal
2. María Meijide
3. Neves Seara
4. Jo Redpath
5. Olmo Blanco


linea   linea