Estas Exposicións son o resultado de una xestión conxunta do
Roteiro de Creación co
COAG que
acolle na súa sede da praza da Quintana, aos gañadores da
Operación Frechazo da 2ª edición
2008, posibilitando o espazo de montaxe e algúns recursos como folletos e máis a difusión entre a
rede ampliada dos seus asociados.
 |
• “Anacos” Exposición individual do
gañador da Operación Frechazo 2008
MANOEL BONABAL. COAG Colexio de arquitectos
de Galicia. Praza da Quintana. Inauguración 4 de xuño as 20h. Aberto de Luns
a Venres de 10-14 h. e 19-21 h. Sábados: 10-14 h. e 18-21 h. Domingos: 11-14 h. |
Nesta exposición é doado apreciar a grande
importancia da figura humana e da luz, que
destaca a través do uso dun gran cromatismo e
de trazos vivos e sinuosos, que crean volumes
nos seres humanos destacados sobre fondos na
súa maioría chamativos e con personalidade,
respecto ao tema de cada obra. É polo tanto, unha linguaxe directa, figurativa, empleada para plasmar
a realidade, inclusive a súa imaxinación e dimensión pasional, e nos adentra nunha ironía que nalgún
caso raia o grotesco, pero cun subterfuxio crítico cara os acontecementos e temas que preocupan ao
noso creador ou que tócanos vivir. Dentro de este fluír do pasional, tamén hai lugar para o sensual e
o sexual, sendo conceptos explícitos en obras como “Bañista”, pero tamén para a violencia e a dor
(“Violencia”, “Crise”) que plasmase con torsos espidos, desamparados ante a temática representada e
sen máis defensa que a tonalidade das súas carnes e a sinuosidade dos seus trazos, ou nos retratos
da exposición, todos con algo que dicir e involucrando fortemente ao espectador. Sen embargo, no
evento expositivo que ocúpanos, apreciase a tenacidade dun traballo constante que ten desenvolvido
ao longo dos anos e que ha orixinado unhas “presenzas” (“pingas”) que dotan duhna coherencia
exemplar a un amante da pintura, que ten logrado estirar unha tradición para buscar o seu propio
camiño e o seu mundo. Posúe ademais, unha narrativa sinxela e aplastante, á vez que profundamente
humana, plasmada por un debuxo firme e contundente.
Julia Jiménez
Biografía: Manoel Bonabal naceu en Santiago de Compostela en Noviembre de 1.961. Nesta cidade formase
na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo e completa a súa formación no taller do escultor Manuel
Barreiro Moratalla, o seu padre. Leva máis de 15 años dedicado á pintura e tamén ao gravado, así
como ao Mail-Art (arte postal). Sen embargo, ha seguido completando a súa formación con
posteriores cursos, enfocados sobre todo ao gravado.
• “
Sen título” Exposición colectiva dos finalistas da Operación Frechazo 2008.
MARÍA MEIJIDE, NEVES SEARA, JO REDPATH E OLMO BLANCO. COAG Praza da Quintana.
Inauguración 9 de xullo as 20 h.
Aberto de Luns a Venres de 10-14
h. e 19-21 h. Sábados: 10-14 h. e
18-21 h. Domingos: 11-14 h.
OLMO BLANCO |
 |
ANTECEDENTES DA OPERACIÓN FRECHAZO
Esta iniciativa que permitiu ao público expresar as súas impresións a través dun ‘amoroso encontro’
coa obra exposta de máis de 40 artistas participantes, ten resultado un estimulante exercicio participativo. Fíxose una primeira experiencia que se repetirá nesta 3ª edición 2009.
Por primeira vez no 2008, o público tivo a posibilidade de pronunciarse e expresar as súas
preferencias, distinguindo a artistas que exporán na cidade de Santiago de Compostela.
Instruméntase deseñando unha peza gráfica a modo de postal, ademais da redacción dun
regulamento que regula a participación, dispoñible na Web. Determinase que o premio ao artista que
máis corazonadas reciba, será una exposición individual e unha colectiva para os restantes catro
finalistas.
O público pode asignar de 1 ata 5 corazóns, a todos os artistas visitados,
durante as xornadas de talleres abertos, coa condición de elexir mediante a
votación a un mínimo de cinco creadores.
 |
As postais poden atoparse nos propios talleres de artistas e no ESPAZO DE INTERVENCIÓN CAMPO SANTA ISABEL. Unha vez cumprimentadas,
deposítanse nas urnas previstas nos puntos de información:
COAG
Praza da Quintana, 1
Espazo de Intervención de Santa Isabel
Campo de Santa Isabel s/n
Sede Asociación LCA
Do Paraná, Espazo Serigráfico
Rúa Ulla 25 baixo |
Na pasada edición recibíronse máis de 270 postais. Finalizado o
Roteiro de Creación, a organización anunciou os resultados persoalmente aos galardoados e a través dos medios de comunicación,
ademais de incluílos na web, onde tamén pode consultarse a traxectoria de cada un dos finalistas.
O artista premiado foi o compostelán Manoel Bonabal, pintor, gravador e impulsor da arte postal.
Os outros catro finalistas distinguidos cunha exposición colectiva, son os artistas: María Meijide, Neves
Seara, Jo Redpath e Olmo Blanco.
Intervencións a gran escala, en fachada e paisaxísticas. Para todos os públicos. Antiga fábrica frente ao
parque de Galeras.
ANTECEDENTES 2008
Espazo de Intervención de Santa Isabel foi
xerador de novos contidos e dinámicas, necesarios
en toda cidade creativa. En Compostela só se
contaba co antecedente de La Chocolatería e xa na
edición 2007 do Roteiro de Creación, coordinouse
conxuntamente con Manuel Eiris a xestión do espazo
das Casas do Rego, en Carmen de Abaixo e os
recursos técnicos necesarios para realizar e
documentar a súa acción “Desocultamento”, cuxo
vídeo gañou o primeiro premio do “Quinto Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas 2007”.
O uso de espazos alternativos é moi frecuente noutras cidades, tanto peninsulares como estranxeiras,
e conta cunha gran demanda por parte dos artistas e aceptación do público. Suscitou un especial
interese, non só por parte dos composteláns senón tamén dos visitantes da cidade: os veciños, por
volver visitar un edificio con pouso onde fixeron os seus encargos antano e os demais por curiosidade.
Esta iniciativa de intervención foi moi apreciada polo público e os artistas de Compostela, que poucas
veces teñen a ocasión de poder participar con obras a gran escala en espazos singulares, pero tamén
valorada por críticos, docentes de BBAA e curadores que compartiron a noite inaugural, eloxiando a
proposta.
O ESPAZO
A nave de máis de 1000 m2, sito en Campo de Santa Isabel, en plena zona do paseo fluvial do Río
Sarela e a 10 minutos a pé da praza do Obradoiro, foi unha antiga curtidoría e almacén de bebidas.
Semi-cuberto con luz natural de planta cadrada, cunha ampla entrada sen barreiras arquitectónicas e
con zona verde no recinto.
ARTISTAS PARTICIPANTES
•
Algo esta pasando. Intervención sobre estrutura.
LEANDRO DEL RIO E IVAN ANDRE (Comisión Cultura COAG) e Flu-or.
A intervención centra a súa atención sobre o edificio: Antiga
curtidoría posteriormente reutilizada como fábrica de
gaseosas. O seu uso actual, como espazo de intervención
artística, presentase como un símbolo da permanencia de
súa validez e de súa posible relevancia na vida da cidade.
Actuarase mediante o recubrimiento con mica dorada de
diversos elementos construtivos como pontons, celosías e
tellas Buscase, así representar un virus que ameaza con
apropiarse da construción volvéndoa un obxecto orgulloso e optimista; catalizador de luz, de enerxías e de accions.
|
 |
Biografía: Ivan Andrés: Estuda arquitectura na Etsau Navarra.
Traballa no estudo de Mariano Gónzalez Presencio en
Pamplona, no de Juan Hevia e Nuria Ruiz en Madrid e no de
Josep Llinàs en Barcelona. Actualmente comparte estudio con Óscar Andrés Quintela e Lourdes Pérez
Castro e é o coordinador de cultura do COAG Santiago.
Leandro del Rio: Exercicio profesional como arquitecto dende hai máis de 15 anos con perto de
duascentas obras executadas ou en execución. Montaxe de exposicións temporáis e museísticas.
Ultima intervención: día mundial da arquitectura na praza da Quintana.
• Instalación a gran escala PEDRO MILLAN
Obra feita para un oco do edificio usando materiais de
desfeito, con detalles que nos falan da vida cotiá das persoas.
A linguaxe desta obra mestura a representación figurada e
materiais reais, que se convirten inmediatamente en
elementos de atractivo plástico e de linguaxe pictórica.
Biografía: Artista Plástico cuio traballo centrase na mestura de
pintura con materiais de desfeito creando imaxes evocadoras,
paisaxes coloridas que nos lembran a ilustración.
|
 |
 |
• Mural OLMO BLANCO
Composición de persoeiros feitos con técnicas de graffiti con plantillas,
transfer, salpicados etc, con humor ácido facendo referencia ao sistema
económico actual e ás súas consequencias.
Biografía: Estudios de Bellas Artes en: U. de Salamanca, Escuela de bellas artes de
Lieja (Bélgica), U. de Granada y U.C. de Chile. Varias exposiciones, entre ellas
una individal en la galeria Metro de Santiago. Actualmente vive y trabaja en
Compostela. |
• Mural fachada
LÓPEZ & LÓPEZ
Cartel anunciador (rotulación) da actividade dunha empresa, ao estilo dos murais dos anos 50. Medidas
aproximadas: 6x2 m. Intencións:
- Fusionar e confundir a experiencia estética do público. Situar ao público ante un mural artístico que o
transporte aos murais artesanais que se facían fai anos.
A solución é esencialmente tipográfica, podéndose contemplar a utilización dunha imaxe representativa
da actividade da empresa.
- Confusión da realidade: é a empresa de verdade ou de mentira? Existe realmente?
Pretendese forzar a imaxe ilusoria da actividade con recursos típicos da publicidade á antiga usanza, con
eslóganes do tipo: "¡Quedará plenamente satisfeito!, ¡Elixa a mellor opción do mercado! ¡Mimaremos o
seu proxecto!, ¡Poña un López na súa empresa!, ¡Deseñamos a súa vida!".
- Reflexionar sobre un tipo de actividade empresarial que o propio espazo de Santa Isabel mantiña no
pasado.
Biografía: Diseño gráfico, páginas web, ilustraciones, etc... Esta es la primera obra como grupo.
 |
• La Palma Real Instalación a gran escala EL NEGRITO CIMARRÓN
Estas imaxes en forma de obxectos plásticos son como xanelas nas que
fisgonear non está prohibido. Refuxiarse en ditas iconografías é un dos
obxectivos de toda a obra, sentirse seguro en toda esta imaxinería ao navegar
visualmente por este mundo seudo infantil. En canto aos presupostos plásticos,
a utilización do metal é parte activa do esqueleto dalgunhas das miñas obras, así
que máis que producir firmeza o imprimirlle ás obras unha rudeza harmoniosa
producto á composición física do propio metal, éste imprimelle ao conxunto un
hálito vetusto como follaxe fresco. A prolongación da obra sobre a parede, non é
máis que un desexo de prolongarse no tempo e no espazo.
Biografía: Artista Cubano residente en Santiago que traballa tanto a pintura como as instalacións nas que
aproveita para usar unha variedade de materiais que saen do soporte de base.
|
• Intervención paisaxística
TRIPLA
Intervención paisaxística cun conxunto de 5 instalacións en exterior inspiradas en Alicia no país das
marabillas, utilizando materiais reciclados. Trata sobre os medos, as relacións (de poder, de tempo...) e
os medios empregados polo ser humano para alterar os seus estados de conciencia emáis o xogo e a
celebración. Destinada a un público familiar, pretende crear un espazo para unha experiencia sensorial,
estética e intelectual.
Biografía: Reina D’Hoore, artista. Rosa Arcos, viverista.
|
• Instalación. HAYA BLANCO FUENTES
Traballar cos carretes de fío supón poder meterse de
cheo nas 3 dimensións e expandir tanto o obxecto, ata
convertilo mesmo nun espazo. Tamén é pintura, con características persoais pero cunha gran potencia
pictórica. A elección deste obxecto de uso tan cotiá
débese por un lado á plasticidade que o obxecto ten por
si mesmo, e á vontade de descontextualizalo da súa
utilidade máis inmediata. Fai referencia por excelencia á
muller, que hoxe en día segue loitando para poder desprenderse de todos estes roles sociais coa pretensión
de darlle un pequeno axuste de torcas.
Biografía: Alumna de Bellas Artes de Pontevedra. Traballa esporadicamente como deseñadora gráfica.
Colaboradora no proxecto "Praza efémera: Cidade e espazos públicos" en Pontevedra. |
 |
•
Encajes. Intervención
MARIA CASTELLANOS VICENTE
A intervención sobre as paredes de Santa Isabel
realizarase con ornamentos e lustracións debuxadas en
tela de loneta de color cru, debuxadas a grafito sobre a mesma e posteriormente recortada e pegada na
parede. A cor da tela e a técnica empregada para
realizar os debuxos fai que se integren perfectamente
no medio.
| Biografía: Licenciada en Bellas Artes pola Universidade de
Vigo. Actualmente alumna de tercer ciclo. En 2008 recibiu
o premio Asturias Joven de Artes Plásticas, como artista
revelación, outorgado polo Principado de Asturias. Tamén
neste mesmo ano foi seleccionada en varios certames como Novos Valores 08 (Pontevedra) e Visual 08 (Majadahonda). Ten participado en numerosas exposicións individuais e colectivas entre as que destacan
no último ano a Mostra de Artes Plásticas itinerante do Principado de Asturias, o Festival Fotográfico de Roma, Outono fotográfico de Ourense e Festival Luzbit de Asturias. |
 |
• Time goes by. Intervencion
CAROLINA CALUORI
A obra “Time goes by” está pensada baixo o concepto de ruína,
anos que pasan nun lugar, paso do tempo. É unha instalación
traída do exterior, a rúa. Tratase de carteis publicitarios
superpostos, encontrados todos xuntos arrancados y levados ao
espazo expositivo. É como o traballo dun arqueólogo, que estuda
as sociedades a través dos seus restos materiais, pero levado ao
plano do pictórico, escavando para atopar as diferentes
tonalidades que poden existir co paso do tempo, no mundo da
cartelería.
 |
Biografía: Licenciada en Bellas Artes e Diplomada en Turismo; é
alumna de doctorado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Beca de Colaboración na Casa das Campás e do Terceiro ciclo do
grupo MODO de investigación. Beca de colaboración no
desenvolvemento das novas metodoloxías de aprendizaxe e
avaliación para a adaptación ao espazo europeo de educación
superior. Prácticas en Berlín como Asistente do artista Miguel
Rothschild en artes visuais baixo o programa Leonardo (becas
Faro). Ademais de experiencias como a do recente proxecto Vizualizar08 “LazarilloGPS” en Medialab-
Prado da súa autoría. exposicións nacionais e internacionais: “Milanomifamale” da feira internacional
NABA-Design de Milán coa peza “Para ver el atardecer”, a Exposición colectiva “Desde mi ventana” no
almacén sur, no Centro de Arte La Laboral co colectivo Laboca, ou a participación con 2 fotografías na
Exposición co colectivo Los purificados “A perfect Day” en Outono fotográfico 2008, Orense. |
• Forma de luz. MERCEDES VICENTE
A escultura foi realizada utilizando unha estatua clásica que se encontra na Escola
Maestro Mateo de Santiago de Compostela, institución á que agradezo as facilidades
que me deu para llevala a cabo.
Tratase dun ensaio, xa que nunca tiña traballado en grandes dimensións , elaborado
cunha técnica que utiliza o celo como material, que permite un moldeado distinto ao
tradicional que transmite una plasticidade única e cuxo resultado translúcido a fai
idónea para a iluminación interior.
|
 |
 |
• ¿Dónde está el tesoro? Instalación.
MAGOT
Todos levamos tesouros…¿pero coñecémolos?¿usámolos? Transportamolos dun lugar a outro,
como recipientes-cofre del tesouro por descubrir.
Un conco reflicte as xoias que veñen darriba.
A cadeira-cofre inundada de deserto contén auga
cristalizada.
Outro conco está cheo de ollos. Ollos que permiten
ver a luz, lo coñecido e o descoñecido.
O último conco con brazos que piden alimento
contén pequenas xoias de luz e auga. Biografía: Licenciada en Belas Artes en 1992. Combina as Artes Plásticas coa súa formación en danza
contemporánea. Vive e traballa en Galicia desde o ano 1995.
|
• En rojo. obra de gran formato. OLALLA CORTIZAS
Bio: Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo en
2008.
Actualmente participa nos cursos de doutoramento “Modos
de Coñecemento na Práctica Artística Contemporánea”
impartidos na mesma universidade.
Complementa os seus estudios asistindo a numerosos cusos
de gravado, iluminación e ilustración.
Dende 2003 participa en diferentes exposicións colectivas.
|
 |

, na antiga estación de ferrocarril de
Cornes, Conxo.
Artistas: LA FABIOLA, MOVE, MIRARI URRUZOLA, FUCO REYES, AMELIA RIVERA, SEBAS ANXO,
MARIBEL DOS ANJOS, LUIS R. MENDEZ, ZAMO TAMAY, FABIANA CORRÊA, SAYANS.
Proxectos de 3º , Curso diseño de moda. Colaboran alumnos do ciclo formativo superior de
fotografía artística.. Virxe da Cerca 32, 3ª planta. Do 9 de maio ao 14 de xuño. De luns a venres de 8
a 14 e de 16 a 21 h.
Mostra dos traballos realizados polos alumnos do
terceiro curso dos estudios superiores de diseño de
moda. Á hora da realización de cada proxecto,
valórase a experimentación con materiais e formas
no convencionais e cun mínimo de viabilidade. A
participación dos alumnos neste tipo de proxectos é
fundamental para desenvolver as súas capacidades
artísticas, sen esquecer a súa preparación para
traballar na industria da moda en tódalas etapas da
produción e experimentando todolos seus
mecanismos. Estas mostras realízanse cunha
periodicidade anual.
|
 |
Intervencións dende balcóns, galerías ou terrazas, espazos públicos e privados. NOLO SUÁREZ,
MANOEL BONABAL, MARÍA MEIJIDE, MARIA CHENUT, MARCOS ZACARÍAS, LA FABIOLA, e REINA
D’HOORE . Cidade histórica. Durante todo el evento.
• B.I.C. Instalación en escaparates baleiros. MARCOS ZACARÍAS.
Cidade histórica.
Intervención con elementos bic –bolígrafos- nos escaparates baleiros cedidos
polos propietarios na cidade histórica. / Todo público / Proxecto BIC
reflexiona, a través dun elemento de usar e tirar de baixo custe como é o
bolígrafo BIC, no valor patrimonial e responsabilidade de conservación do ámbito declarado como B.I.C. (Bien de Interés Cultural). Creación dunha
rede B.I.C. que funcione coma indicador da situación do comercio no ámbito
da cidade histórica.
Biografía: -Colaboración montaxe de Jorge Barbi “Minarete”. Participación en
proxecto “lalata”. Comisario exposición b96. Proxectos de rexeneración
urbana praza da zapateira. Proxectos de rehabilitación arquitectónica. Obradoiro de verán en annaba-
argelia propostas para a casbah de Annaba.
|
 |
Balconada de María Meijide:
|
• Polo Sur. Balconada. San Miguel dos Agros nº 7. REINA D´HOORE
Xogando con que enfrente do seu domicilio está o Bar “Polo Norte” que sirve vinos e comidas, a
creadora vai servir arte (comida para a alma e os ollos) e cor (en oposición co branco e negro do bar).
Tratase dunha instalación con flores artificiais.
Biografía: Artista multidisciplinar, pintura instalacións.
• Intervención Praza de Abastos NOLO SUAREZ
Colgar dúas teas pintadas e unidas dende as escalinatas
de aceso a baños da Praza de Abastos, que dan á Rúa de
Virxe da Cerca, unha tea faría alusión os produtos do
mar e outra os produtos da terra, tratando de poñer en
comunicación un espazo público tradicional e lugar de
paso para Museos e Galerías de Arte, coa arte actual.
Bio: Natural de Compostela, realiza estudos na Escola de
Artes e Oficios, cursos e talleres de Debuxo , Pintura e
Gravado. Dende os anos 80 expón tanto individual e
colectivamente, en distintos espazos: Salas de Exposicións de Galicia, Centro Galego de Valencia,
Casa de Galicia en Madrid, Centro Galego de Lisboa, Auditorio de Galicia, Sala A.C. "O GALO". Museos:
Museo do Pobo Galego, Museo Ramón Aller, Fundación Sotelo Blanco, Sala dos Amigos dos Museos de
Coruña, Museo dos Muíños de Culleredo, Centro Galego da Arte Contemporáneo .Galerías : Arracada,
Trinta, Sargadelos de Santiago e Ferrol, Minotauro, Dársena, Obelisco, Abel Lepina, "Eme-C",
Atlántica, Citania, Espacio 48, Art-Sil, Galeria do Papel de Coruña, Galería Sol&Bartolomé, Galería
Auriol Arte. Seleccionado en diversos Certames. Participa na exposición organizada polo Concello MEMORIA-Pinturas, e nas distintas edicións do GOIS-ARTE é OROSO-ARTE.
•
De Cabeza. Balconada, Fachada taller rúa Bonabal 5.
MANOEL BONABAL
 |
Biografía: Manoel Bonabal naceu en Santiago de Compostela en Noviembre de 1.961.
Nesta cidade formase na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo e completa a
súa formación no taller do escultor Manuel Barreiro Moratalla, o seu pai. Leva
máis de 15 años dedicado á pintura e tamén ao gravado, así como ao Mail-Art
(arte postal). Sen embargo, segiu completando a súa formación con
posteriores cursos, enfocados sobre todo ao gravado. |
• Intervención pictórica, Fachada Taller Praza Cervantes ou rúa
Casas Reais
MARIA MEIJIDE
Balconada - despliegue de tea de tamaño considerable- desde as ventás
do taller cara á rua. Pintaranse escenas do interior do balcón que se
corresponderán co espazo exterior dende están expostas. / Xogo cos
binomios dentro y fora ou privado y público.
|
 |
 |
• Intervención co prendas de vestir, Fachada Vía Sacra 3. MARIA
CHENUT
Serie de prendas cosidas e atadas escalando un
edificio, a modo de redes humanas. Danza na fachada. Xogo que
alude á imposibilidade de ver na actualidade, as coladas no cascos
históricos.
Bio: Artista multidisciplinar que traballa nos campos
da fotografía, o collage, a danza, e o vestiario teatral. |
• La Ciudad Velada. Intervención sobre unha enorme
vela de barco, Fachada da Fundación Granell. LA
FABIOLA Propónse intervención pictórica coa idea de sorprender e seducir
o paseante. As velas miden 4'5 m de alto y 3'5 por cada un dos
seus lados. Motivo xaponés dunha arbore que simboliza a beleza
efémera.
Biografía: Artista plástica con formación tanto en belas artes como en
distintas técnicas de movemento.
|
 |