MESAS REDONDAS E DEBATES - SESIONS DE TRABALLO
XORNADA RECREATIVA DE ESTAMPACION EN DIRECTO
“Os produtores culturais reflexionan sobre as posibilidades do traballo creativo en tempos
de crise...”
Artistas, deseñadores e outras persoas implicadas na produción e difusión da cultura, reuniranse do 8
ao 13 de xuño en Santiago de Compostela para reflexionar e debatir sobre as posibilidades do
traballo creativo na sociedade actual en tempos de crise.
Estas xornadas pretenden establecer diálogos coa finalidade de resituar as definicións actuais sobre
arte e produción cultural -en xeral-, e plantexar modos de actuación e canles de difusión efectivos en
tempos de crise.
|
 |
Para isto contarase con representantes do ámbito creativo, de investigación e crítica, da educación, e
de xestión cultural. Confrontaranse as definicións tradicionais de artista, coas novas categorías
de “produtor cultural”, discutirase sobre as canles de difusión das producións culturais nestes
tempos de crise e sobre posibles opcións ou mecanismos para incrementar a comunicación
efectiva co contorno social.
Por unha banda, faise necesario repensar a figura do artista, e analizar se aínda ten vixencia a
definición tradicional. Cada vez con máis forza se está a impoñer o concepto de “produtor cultural” e
a necesidade de anular as fronteiras entre a alta e a baixa cultura, romper coas vellas xerarquías.
Non estaría mal retomar as discusións de finais dos sesenta e anos setenta sobre a crítica institucional
da arte e a “democratización creativa”: desde o “cada home, un artista” de Joseph Beuys, ata a
producción de cartaces reivindicativos do maio do 68 francés, como forma de arte anónima. Retomar
as ideas de Marcuse e os situacionistas sobre a necesidade de non manter á arte e a esfera creativa
separadas da vida, nunha torre de marfil, senón que o xogo e a arte irrumpan nos ambientes da vida cotiá.
En relación con isto, é posible un maior grao de colaboración entre artistas? E entre artistas e
empresas? Os tópicos sobre o artista sempre o presentan como creador singular de obxectos
específicos e cun altísimo valor engadido, que vive pechado no seu mundo interior. Nun mundo como
o actual, rexido polas redes e a interconexión a tódolos niveis, e cunha importancia cada vez maior da
idea de interdiscipinariedade (no mundo da empresa, na innovación tecnolóxica, na investigación...),
ata que punto é posible manter esta idea do creador como ser illado? Non será esta unha maneira de
limitar posibles desenvolvementos? E a quen beneficia este illamento e a épica do creador solitario? Ao
artista? A galerías e museos?
Impónse unha reflexión sobre as posibles canles de difusión de productos culturais, que
contemplen outros formatos e outros medios de conectar coa xente, á marxe dos museos: revistas,
internet, deseño de todo tipo de obxectos, ámbito do traballo, escolas, universidades, centros sociais,
etc. O creador pode producir obras de arte, obxectos de deseño, coñecemento, experiencias... Do
diálogo e confrontación entre productores culturais que se moven en esferas distintas deberían saír
ideas sobre como abordar aos cidadáns, grupos ou colectivos e levar a creatividade ás súas vidas.
E finalmente, nestes tempos de crise, faise necesario repensar a función da arte nas sociedades: que
lle poden ofrecer os creadores á sociedade? De que forma enriquecer a vida da xente? E a que
xente? Faise acuciante un debate que centre a cuestión sobre a quen se dirixe o traballo dos “productores culturais”. Faise, de novo, necesario repensar a función do creador e desprazar o debate
desde a reflexión sobre as necesidades de promoción á que se interesa no servizo que a arte pode
proporcionar aos cidadáns. Por que a arte e a creación poden ser útiles ás persoas?
Destinatari@s
Roteiro en Estado Crítico está dirixido a tódalas persoas interesadas nas novas formas de produción
artística e cultural. Polo seu despregamento en varios formatos, as xornadas Roteiro en Estado
Crítico tentan ser de interese tanto para os públicos que poidan visitar os obradoiros abertos dos
artistas (incluidos no Roteiro de Creación), como para os propios axentes culturais implicados
directamente na xestión das actividades e na produción artística. Ademais, pola cooperación de varios
colectivos de investigación (LIBA, Baleiro, Dep. de Historia da Arte), será sen dúbida de gran
importancia para estudantes e profesores universitarios.
O concepto de crise articulará as xornadas en tres formatos diferenciados polas súas
sedes e a súa dinámica.
1. MESAS REDONDAS E DEBATES (Casa das Asociacións, antiga estación de ferrocarril de
Cornes situada en Conxo) Entrada Libre
O primeiro día tratanse os temas ‘como producir cultura nestes tempos de crisis’, tanto dende a
posición dos creadores como dende a xestión e difusión cultural.
Na segunda sesión ‘como chegamos á xente’, abordarase a visión do crítico e do investigador na
sociedade do conocimiento e a responsabilidade en ámbitos educativos e de pedagoxía. No
plantexamento destas mesas -dúas cada día- tras unha pequena presentación do moderador, o
invitado exporá en non máis de 10 minutos a súa visión do tema, desde a súa experiencia, o seu
punto de vista sobre problemas actuais e potencialidades. Logo das intervencións dos invitados,
abrirase o debate na mesa e ao público.
2. GABINETE DE CRISE Baleiro –canle de produción de cultura contemporánea-, anexo
Facultade de Filoloxía, Av. Castelao, local 4 (CampusNorte), os días 10 e 11 de xuño, de 17 a 21
Inscricions: info@baleiro.org / teléfono: 680 135 439 - practicaartistica@gmail.com -
www.libacolectivo.org
A posta en crise de certas estruturas de pensamento, económicas, de organización... é un paso previo
imprescindible para á superación de moitas problemáticas que se resisten a desaparecer no ámbito
cultural. O gabinete de crise coordinado polos colectivos Baleiro e LIBA será un espazo no que
mesturar propostas e solucións creativas con informes de carácter máis oficial sobre o estado da
cuestión. Fronte ao formato de presentación de comunicacións que marcará a dinámica das dúas
primeiras xornadas, na Casa das Asociacións, o gabinete de crise que terá lugar en Baleiro consistirá
en sesións de traballo a porta pechada (a modo de obradoiro).
Os interesados rexistraranse como membros dunha especie de comisión de especialistas encargada de
elaborar documentos ou accións que ilustren ou incidan nos problemas tratados os días anteriores.
Algunhas das propostas saídas deste gabinete se coordinarán coa xornada de estampación en directo.
3. BANK OF FICTIONS (Do Paraná, Espazo Serigráfico, Ulla 25, baixo, Pontepedriña)
A idea non é nova nin orixinal... o aburrimento tampouco é novidade.
Producirase una xornada de estampación en directo có obxectivo de instalar a necesidade de
recreación na produccion cultural. Apostando pola ironía e certa demanda de reflexión sobre a tan ‘mediatizada’ crise, fomentarase a creación de novos e activos espectadores, permitindo que o público
poida constituirse en 'coautor' das obras e superando as barreiras impostas pola autoridade da obra
artística.
O evento é definido como unha situación, é dicir, un momento
da vida construído concreta e deliberadamente para a
organización colectiva dun ambiente unitario e dun xogo de
acontecementos. Para crear esta situación, catro artistas
imprimirán con técnicas serigráficas, linóleo e xilografía (no
material que achegue o público, como teas, camisetas,
cartolinas, fotos, etc.) algúns eslóganes e imaxes en cor surxidos
das reflexions das xornadas e outros de creación colectiva. As obras impresas, pasibles de ser definidas en termos estéticos como ‘détournements’ poderán ser
retiradas polo público ao finalizar o Roteiro de Creación. |
 |
PROGRAMA ROTEIRO EN ESTADO CRÍTICO
MESAS REDONDAS E DEBATES NA CASA DAS ASOCIACIÓNS
LUNS 8 DE XUÑO
17.00 MESA 1
COMO PRODUCIR CULTURA? QUE FACER, NESTES TEMPOS DE CRISE?
A POSICIÓN DOS CREADORES
SUSO FANDIÑO (artista)
RENATA OTERO (artista)
JOSÉ ANDRÉS SANTIAGO (artista e investigador predoctoral, docente na facultade de Belas Artes de
Pontevedra)
MARIANO CASAS GIL (pintor, ilustrador, videocreador, representante do Hartismo)
MODERA: MIGUEL ANXO RODRIGUEZ
19.00 MESA 2
COMO PRODUCIR CULTURA? QUE FACER, NESTES TEMPOS DE CRISE?
XESTIÓN E
DIFUSIÓN CULTURAL
MANUEL GAGO (profesor de CC. Comunicación e blogger)
CHIU LONGINA (Antropólogo e Artista Sonoro)
MONTSE CEA (crítica e directora adxunta Fundación Granell)
REPRESENTANTE DE ESTALEIRO (editorial)
MODERA: TEÓFILA NOEMI RUIZ
MARTES 9 DE XUÑO
17.00 MESA 3
COMO CHEGAMOS Á XENTE? O INVESTIGADOR/CRÍTICO NA SOCIEDADE DO
COÑECEMENTO
PEDRO DE LLANO (crítico de arte e comisario)
MARTÍN R. CAEIRO (artista plástico, músico, escritor e investigador, Universidad de Vigo)
RUBÉN RAMOS BALSA (artista)
MAR CALDAS (artista e crítica de arte)
MODERA: MIGUEL ANXO RODRIGUEZ
19.00 MESA 4
Cómo chegamos a xente?
ÁMBITOS EDUCATIVOS E DE PEDAGOXÍA
SILVIA GARCÍA (artista e profesora de Belas Artes)
CHUS AGRA (profesora de CC. Educación, pedagoxía da arte)
XOSÉ BALLESTEROS (Director KALANDRAKA)
MODERA: TEÓFILA NOEMI RUIZ
“GABINETE DE CRISE” SESIONS DE TRABALLO NO LOCAL BALEIRO
MÉRCORES 10 DE XUÑO
17.00
GABINETE DE CRISE. 1ª SESIÓN
COORDINADO POR baleiro –canle de produción de cultura contemporánea-
Sesións de traballo e análise das cuestións saídas das xornadas de debate. Grupo de traballo cun
número limitado de persoas, para a elaboración dun documento sobre producción e difusión cultural.
Inscricións: info@baleiro.org / teléfono: 680 135 439
XOVES 11 DE XUÑO
17.00
GABINETE DE CRISE. 2ª SESIÓN
COORDINADO POR LIBA. Sesións de traballo e análise das cuestións saídas das xornadas de
debate.Grupo de traballo cun número limitado de persoas, para a elaboración dun documento sobre
producción e difusión cultural.
Inscricións: info@baleiro.org / teléfono: 680 135 439 - practicaartistica@gmail.com -
www.libacolectivo.org
XORNADA RECREATIVA DE ESTAMPACION EN DIRECTO EN DO PARANA,
Espazo
Serigráfico
SABADO 13 DE XUÑO
18.00 A 21.00
XORNADAS DE ESTAMPACION EN DIRECTO
Marga Crespo (escultora e gravadora) e as serígrafas Elena Gómez Orosa, Nanda Cavaleiro e Teófila
Noemi Ruiz.
www.laterceraorilla.com
ROTEIRO EN ESTADO CRÍTICO é unha proposta de cooperación entre a secretaría de LCA
Laboratorio de Colaboración Artística, impulsora do proxecto, o Prof. Miguel Anxo Rodríguez
González do Departamento de Historia da Arte da USC, o equipo de xestión e produción de Baleiro–Canle de produción de cultura contemporánea e LIBA Colectivo (Laboratorio de
Investigación en BBAA), vinculado á Universidade de Vigo.
BALEIRO
Anexo Facultade de Filoloxía, Av. Castelao, local 4
(CampusNorte) info@baleiro.org - www.baleiro.org
Baleiro é unha iniciativa experimental orientada á investigación aberta sobre cuestións culturais contemporáneas. Básicamente, concíbese coma un nodo que propón, aglutina, proxecta e promove actividades de carácter participativo en torno a temas tan
diversos -e relacionados- coma o urbanismo, a comunicación, a arte, a difusión da información e a
crítica política. |
 |
Neste espazo realízanse diversas propostas culturais como obradoiros, seminarios, exposicións,
presentacións e ciclos audiovisuais, pero serve ademais de local comunitario para reunións e
convocatorias públicas de asociacións veciñais, culturais e universitarias.
Aínda que nel se dan cita alumnos, investigadores e profesores pertencentes á comunidade
universitaria, o obxectivo de Baleiro é potenciar a vinculación da investigación en cultura coa súa
proximidade xeográfica e social, neste caso os barrios de Vite-Vista Alegre e, noutro nivel, a cidade de
Santiago de Compostela.
No que ao seu modo de traballo se refire, Baleiro é, en primeiro termo, unha estrutura flexible e
modificable por calquera individuo ou colectivo. Entendido ao mesmo tempo coma medio e fin, a súa
base non é tanto a plasmación de determinados contidos como a apertura de diferentes vías de
creación e difusión, vías que establezan un clima propicio para a produción colectiva e a libre circulación da información.
É unha iniciativa experimental orientada á investigación aberta sobre cuestións culturais
contemporáneas. Situado nun local anexo á Facultade de Filoloxía da USC, concíbese coma un espazo
intermedio e transdisciplinar que propón, aglutina e proxecta actividades de carácter participativo en
torno á arte actual.
LIBA
Coordinación María Magán e María Marco
CALUORI, Carolina / CASTELLANOS, María
CORTÉS, Eva / CORTIZAS, Olalla
ESTRADA, Sandra / FIESTRAS, Basilisa
FRANCISCO, José / GARABAL, Curru
JAMBRINA, Andrea / LOUREIRO, David
MASEDA, Alejandro / MORERA, Joan
PEREGRINO, Paco / SIEIRO, Beatriz practicaartistica@gmail.com - www.libacolectivo.org
|
 |
Intentando abordar a investigación como unha disciplina transversal aproximámonos a ela
cautelosamente. O colectivo xorde por mor duns seminarios de terceiro ciclo da facultade de Belas
Artes e traballa diferentes linguaxes artísticas vinculados a moi diversas liñas de investigación. Únenos
o feito de repensar e recontextualizar o noso papel como produtores culturais no século XXI, a
necesidade de atopar un método útil e o desexo de afastarnos ,na medida do posible, de practícas
endogámicas eautoreferenciais.
Formalmente esta interdisciplinariedade é utilizada como ferramenta de traballo, o que nos convirtierte
en performers, programadores, escultores, axitadores de masas, xestores, activistas e investigadores.
Esta inquietude materializouse en varios proxectos relacionados coas novas tecnoloxías, a produción
crítica e a investigación na práctica artística colaborando, entre outros, co Centro de Arte Laboral
(Xixón) e a Fundación Serralves (O Porto).
TEÓFILA NOEMÍ RUIZ
Serígrafa, poeta e Performer. Adicase á docencia e edición de obra. Realizou a mostra Veñen Vindo,
Serígrafos. Deseñou as xornadas Xuño Galego. Realizou as performances Down by Works e Menos que
Cero en Zona “C”. Publicou El Resto e Crimen en el lavadero e colaborou con antoloxías, diarios e
revistas. Asistiu o Encontro Nac. de Escritoras, no Centro Cultural Gral. San Martín (Bos Aires). Tivo
programas radiais de poesía. No museo de Belas Artes de Entre Ríos, produciu Detrás do Espello
mostra zonal de Deseño e Indumentaria e Video Bardo de vídeo poesía internacional. Fundou e
produciu o Circo de Poesía ciclo mensual no Teatro 3 de Febrero (96 ao 2000). Organizou O Circo
ponse crítico, xornada de crítica literaria xunto a Daniel García Helder e Martín Prieto (Diario de
Poesía). Tallerista no Foro Nacional polos Dereitos da Cultura, Pinamar,1999. No 2000/2001 dirixiu o
Proxecto Cidades Poéticas Entrerrianas (goberno de Entre Ríos- CFI), coordinando talleres de lectura e
escritura en oito cidades. Traballou con letrados e iletrados, en ámbitos académicos, cárcere de
mulleres ou un psiquiátrico. Foi expositora da experiencia na Subsede Cátedra UNESCO “Lectura,
escritura e democracia”, Fac. Ciencias da Educación, UNER.
MIGUEL ANXO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ (Vigo, 1970)
Profesor de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela desde o ano 2000, está
especializado en Teoría da Arte e Arte Contemporánea. As súas primeiras investigacións dirixíronse
cara á análise da escultura galega contemporánea, participando en proxectos de investigación sobre
bibliografía de escultores galegos do século XX e entrevistas a artistas, sempre dentro do grupo de
investigación de arte contemporánea do Departamento ao que pertence. Presentou a súa tese de
doutoramento, tamén sobre este tema, no ano 2004.
Outras liñas de investigación que está a seguir nestes últimos anos diríxense ao estudio das relacións
entre arte, institucións e ideoloxía, e á formación artística. Publicou en 2000 o libro S-Hertogenbosch-
Sargadelos. A creación en cerámica a través de dúas institucións (Ediciós do Castro) e coordinou o
volume Espazos de creación contemporánea (Auditorio de Galicia, 2005). Ten publicado, entre outras,
nas revistas Matèria (Universitat de Barcelona), Anuario del Departamento de Historia y Teoría del Arte (U. Autónoma de Madrid), A Trabe de Ouro, Arte y Parte e ArtNotes. Na actualidade é coordinador no
Máster Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas, da Universidade de Santiago de Compostela.
|