Presentación

Diversos públicos. Consulta, inscríbete, non perdas a oportunidade, encontrarás cursos e obradoiros variados, individuais e participativos.

  • Taller de estampación sobre teas: tampóns, estarcidos, batik. TITA FRAGA. Taller da artista Rúa carretas 30 baixo. A partir de 12 anos. Do 1 ao 5 de xuño de 17.00 a 21.00 h.

          Inscrición: 686 385 581

Teas
Confección de prendas de téxtil tendo como soporte as telas que previamente se terán estampadas.

Bio: Dedicada en exclusiva á creación artística os últimos 10 anos,sobre todo ó gravado, especialidade na que ten realizado numerosos cursos coas figuras mais relevantes desta disciplina. Na actualidade disfruta dun pequeno taller no que se realizan actividades relacionadas coa expresión artística.


  • Obradoiros De Arte E Saúde (Principios terapéuticos Dra. Hauschka) imparte LORENA GUINEA Taller de Arte Katzae.  Fundación Granell, Praza do Toural. Gratuito ao público. Do 2 ao 5 xuño.Wakdorf

A partir de 14 anos. 2 (Acuarela y Cor) y 3 (Xeometría y Arte) de 18.00 a 20.00 h e os 4 (Dibuxo de Formas) y 5 (Mandalas) de 11.15 a 13.15 h. Inscricións: Fundación Granell (81 57 21 24)

Arte como Terapia: descubrir e potenciar a capacidade sanadora da forza creativa. En cada un dos obradorios os participantes experimentarán por si mesmos, as respostas do seu interior, descubrindo a ponte que aporta a Arte.

Obradorios en 4 módulos independientes: Acuarela (lenguaxe do color) / Xeometría e Arte ( naturaleza e creación)/  Debuxo de Formas (liña, movemento e totalidade) /  Mandalas (Círculo, simetría, formas,  cores e comunicación co o interior.)

Bio: Arte terapeuta,Nace en México e todo seu camiño artístico conflúe na  Arte como ponte para a comunicación anímica que potencia estados de harmonía e saúde. Actualmente dirixe o Taller de Arte e Arte Terapia Katzae, en Coruña. onde leva á práctica os principios Terapéuticos da Dra. Hauschka.

Cursou estudos de Arte Terapia y Antroposofía con Maya Moussa.

  • Taller de faroliños: esculturas iluminadas. MIRARI URRUZOLA. Fundación Granell, Praza do Toural. Para toda a familia. 4 e 5 de xuño de 16.30 a 20.30 h Día 5 pasacalles con música ás 22h. Inscricións: Fundación Granell (981 57 21 24)

Faroliños
Trátase de construír grandes esculturas iluminadas con formas de peces. A modo de celebración e nun pequeno pasacalles  nocturno levaranse as esculturas portátiles por un percorrido entre rúas.

Bio: Master: Proxecto de investigación intercultural e acción creativa. Facultade de Belas Artes, Universidad Metropolitana de Londres /Estudios de Belas Artes. Escola de Arte, City Lit de Londres /Deseño de Teatro. Inclúe Produción, Iluminación e escenografía. Escola de Arte, Croydon College de Londres.

Exposicións: Microculture na Universidade Metropolitana de Londres; Koldo Mitxelena San Sebastián /Global warning na Universidade Metropolitana de Londres; Foundation, Bolt Court, Londres; Showdown, City Lit ; Biblioteca Haringate. Exposición colectiva Candid Orange, Londres. Cursos no CGAC, entre outros.

  • Taller Experimental Lueiro: Iniciación ao gravado e novas tecnoloxías. 12 LÚAS. A partir de 12 anos. Taller Do Paraná, Rúa Ulla 25 baixo (gravado) o 1º, 5 e 6 de xuño de 17 a 20 h. Casa das Asociacións, Antiga Estación de trenes de Cornes (novas tecnoloxías) os días 10, 11 e 12 de xuño de 17.00 a 20.00 h. Inscrición: 12luas@gmail.com

Lueiro O Taller Experimental Lueiro tende unha mano hacia a creatividade individual para volcarla nun produto colectivo. Utilizando unha das ferramentas máis antigas da arte: o gravado, e basada no individuo, transformarala para conformar unha obra colectiva producida cara as novas tecnoloxías de Internet.

Cada participante iniciarase no gravado para logo formar un mural e interrelacionalo co resto das obras  e a súa posterior transformación ao dixital. A arte en todo o seu contexto e con a axuda do público, dará vida a unha obra creada baixo o lema de comunidade. Lueiro intentará actuar como satélite para chegar á conexión entre arte, público e tecnoloxía.


12 Lúas é un Proxecto de Arte, Internet e CC  / http://12luas.blogspot.com
http://franciscoportovarela.blogspot.com
Facebook: Francisco Porto / http://osoriorocio.blogspot.com 

  • Taller de debuxo “O ollo vago”: aprende a debuxar en 5 sesións. MARÍA MEIJIDE. Taller da artista: Casas Reais, 4 1º. A partir de 12 años. Del 8 al 12 de xuño de 18.00 a 20.00 h.

      Inscrición: 686 385 581

Ollo VagoNa visión operan unha serie de prexuicios de significado que impídennos entender –e polo tanto representar con claridade o que vemos. O curso plantexa unha serie de sesións prácticas nas que se tratarán de sortear estas barreiras da costume  e acceder a un modo de mirar reflexivo sobre a súa propia acción, capaz de desmontar e máis tamén de montar calquera imaxe proposta.

Bio: Artista compostelá nacida en 1.978. Licenciada en pintura pola universidade de Sevilla.(2003) Exposicións varias en Arlés (Francia), Lalín, Milán (Italia), Monforte de Lemos, Zacatecas (México), Sevilla, Compostela, Ponferrada, etc. Especializada en cadernos de viaxes e pintura figurativa en grandes formatos; Actualmente embarcada nel proxecto quien es quien; serio estudio sobre o retrato. 

  • Obradoiro de mail-art. Arte postal. MANOEL BONABAL. Gratuíto. Tódolos públicos. 10 e 11 de xuño de 18,30 a 20.30 h. Biblioteca Pública Anxel Casal, Av. Xoán 23, s/nºMail Art


Inscricións: Biblioteca Pública Anxel Casal
(881 999 401)

Todos temos utilizado o correo, en calquera das súas manifestacións. E sempre tentamos darlle una personalización ós nosos envíos, algo que os faga distintos e singulares.
No fondo estamos sendo creativos e manifestando a nosa vocación artística. Todos fomos e somos mail artistas. Neste taller preténdese indagar no noso potencial expresivo. Como encarreira-las nosas obras e recibi-las dos demais. (O correo postal, internet, participaren en convocatorias …)

Un taller de Mail Art, nun mundo artístico onde as súas exposicións non atoparán xurados nin seleccións e os temas e formatos son libres. Fora dos circuítos comerciais. Desexamos manifestarnos artisticamente, compartir e recibir obras.

  • Curso-taller “taller de presencia escénica e potenciación da creatividade”

Ferramentas para a creación artística viva multidisciplinar. BARBARAKAY CISTERNA MAI e LILIANA VELLA. Fundación Granell, Praza do Toural. Adultos. Do 9 ao 12 de xuño de 11.15 a 14.15 e de 16.15 a 20.15 h. Presentación en rúa do traballo o venres ás 21.00 h. Inscricións: Fundación Granell (981 57 21 24)

Curso-Taller Orixes e y técnicas  do arte vivo, valoración do proceso teórico e práctico que usa a acción para comunicar/ búsqueda de novos horizontes para a creación interdisciplinaria/multimedia e as súas  aplicacións utilizando como materia prima as vivencias e emocións dos participantes. Debates e exercicios prácticos/ análises e organización das ideas inspiradoras e  técnicas de estimulación mecánica da creatividade, improvisación dirixida e por temáticas libres individuais e grupais.

Bio: Nacida en New York en 1974, de nacionalidade italiana reside en Barcelona. Master en Artes Dixitais, UNIVERSIDAD POMPEU FABRA, Especialización en Dirección,  Dramaturxia  e Historia das teorías do teatro. Licenciada en Disciplinas de Arte, Música e Espectáculo (D.A.M.S.) en la Facoltà di Scienze della Formazione de la UNIVERSITA DEGLI STUDI DI TORINO. Especialización en “Art project manager” Beca Erasmus/Sócrates no ano 1998/99 para la Universidade París VIII en estudios de Arte Dramático.